sesión vermú das Festas do Apóstolo: The Homens + Samesugas + Dirty Socks DJ set

Xullo 27, 2013

Tras dous anos, a banda de powerpop compostelá The Homens reúnense nunha cita única. Os seus amigos e tamén clásicos do rock de garaxe compostelán Samesugas acompañaranos nesta sesión vermú encadrada dentro das Festas do Apóstolo 2013.

A Sesión Vermú das Festas do Apóstolo levarase a cabo o próximo 27 de Xullo a partir das 12 do mediodía apostando pola recuperación da festa matinal. Serán os garaxeiros compostelanos Samesugas, The Homens e Dirty Socks Dj Set os encargados de poñer a música a este evento pensado para todas as idades e sensibilidades cunha unica pretensión: desfrutar de unha mañá de festa nun incomparable marco, fronte á Zona C, entre o Museo do Pobo Galego e o CGAC. A entrada será de balde

THE HOMENS

Melodía, enerxía e actitude. The Homens levan xa máis dun lustro tentando cadrar esta ecuación. A través da psicodelia dos sesenta, a nova onda de finais dos setenta, o post hardcore dos oitenta, e o pop británico queren facervos bailar, cantar e botar os fígados nos seus concertos. As cancións queren ser enerxía condensada en pílulas dóces, queren cantar bonito coa boca espumando rabia, queren ser cantar por non chorar.

The Homens volven aos escenarios con enerxías renovadas despois de dous anos de parón, catro discos editados e centos de concertos ás súas espaldas.

SAMESUGAS

Depois de 12 anos enriba dos escenarios, presentando discos editados en lugares tan dispares como España, Arxentina, Alemaña, Xapón ou Finlandia, Samesugas volven con unha nova entrega de nome “They are Out There” (Lixo Urbano 2012), que os conforma como un referente do rock’n’roll galego polo seu impresionante directo e as súas composicións, mistura entre o powerpop o garaxe e o rock and roll máis enerxético. Unha banda que continua a crer no punk polo slogan aquel do “faino ti mesmo”.

DIRTY SOCKS DJ SET

Anxo Rodriguez, cantante da banda compostelana Dirty Socks, será o encargado de facer unha selección musical para rematar a festa.

AXENDA

Facebook