nota:
a Casa das Crechas acolle o espectáculo “Barco” que presenta Sésega, o proxecto multidisciplinar conformado por Charles Rapante e Nuria Vil que basea a súa proposta na improvisación musical e na palabra falada.
BARCO integra en directo musica experimental, poesía oral e proxección en super8.
Nuria Vil é unha poeta inclasificable, que non anda con chiquitas e que publica eminentemente na rede.
Charles Rapante é un artista visual e sonoro.