Ses + Adhara & Ritman

Abril 20, 2019

nota:
Noite de música o sábado 20 de abri no Víndemo Ver (Mostra de Promoción Local de Carnota).

Concertos gratuítos na praza de San Gregorio cos ritmos baseados en raíces folk galegas de:

Adhara & Ritman folk, blues, reggae, swing e sobor de todo rock. A formación composta por Adhara Caamaño (A Cuncheira de Sofán) na voz principal, Tito Barbeito (Tito Ritman) voz, guitarra e harmónica, Arturo Krest como bateria e percusionistae Andrés Castro ó baixo, a partir das 21:00 h e

SES (Maria Xosé Silvar), un dos puntais da música galega contemporánea, que vén presentarmos o seu último disco “Rabia ao Silencio”, que cantaba Yupanki, que dá nome a este traballo composto por unha antoloxía de cancións populares, folclóricas ou de autor, todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

Facebook

21:00 h.
Praza de San Gregorio, Carnota.
De balde.