Sés

Maio 16, 2015

nota:

CONTINÚA A XIRA DE PRESENTACIÓN DE “TRONZAR OS VALOS”, ÚLTIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO DE SES.

Tras os primeiros directos que encheron ate a bandeira o Teatro AFundación de Vigo, o Pazo de Cultura de Narón, o Teatro Principal de Pontevedra, o Auditorio de Ribadeo, a Praza do Tapal de Noia e o Teatro Rosalía de Castro , e coa forza que o público lle deu nestes concertos, María Xosé Silvar “SES” e toda a súa banda continuan a xira de presentación do recén estreado traballo “Tronzar os valos”

As vindeiras citas son:
Sábado 16 de Maio – Auditorio Gustavo Freire de Lugo – 20:30h – Entradas á venda en ataquilla.com
Sábado 23 de Maio – Festival de Cans – Porriño – 19:30h
Sábado 6 de Xuño – Auditorio de Melide

TRONZAR OS VALOS

+potencia, ++ sentimento, +++ Ses

O terceiro disco da cantora suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate.

Os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas no novo traballo discográfico de Ses. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Estamos en tempo de “Tronzar os valos”, de responder con música e ideas, con ilusión contra abatemento. Estamos en tempo de Ses e do terceiro disco dunha das nosas máis singulares e poderosas voces.

20:30 h.
​Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo.