Sés

Outubro 19, 2013

nota:

Rede Galega

María Xosé Silvar: guitarra, voz; Tito José Calviño: guitarra; Miguel Queixas: batería; Octavio Vargas: baixo.

Sés

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos de corte americano, con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario. María Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontáneo e cheo de eclecticismo. Sés distribúese en tres formatos: formación completa (11 músicos), formación reducida (guitarra, baixo, batería e voz) e formato acústico, unha presentación máis íntima na que María Xosé Silvar ofrece os temas de Sés “desenchufados” acompañada do guitarrista Tito José Calviño. No 2010, Sés gravou unha maqueta con tres temas (“Tola atrás de ti”, “Admirando a condición” e “Se te vas”) producida por Airapro. En febreiro do 2011 comezou a gravación do que será o primeiro disco da banda, titulado “Admirando a condición”. Publicouse en xullo e presentouse en directo nun memorable concerto no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. O disco é unha mestura de ritmos e sons, todos escritos por María Xosé Silvar, cunhas coidadas letras en galego. Desde o rocanrol de Rolling Stone aos ritmos latinoamericanos de “Se te vas”, do compromiso e a protesta a golpe de ska de “Tempestades de Sal” ao gharbo blueseiro de “Tola atrás de ti”.

AXENDA

Pub Clavicémbalo, Lugo.