Sés

Marzo 28, 2013

“SÉS” e o proxecto musical de María Xosé Silvar, licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social e formada na música e no baile tradicional, comenzou no ano 2007 a súa andadura musical formando, xunto con 3 amigos, o grupo “Chámalle Xis!”. No ano 2011 edita o seu primeiro álbum en solitario, “Admirando a Condición”, o cal, e tras máis de 100 concertos por toda Galiza e parte do extranxeiro, situa a “SÉS” coma unha figura consolidada e todo un referente de creatividade e independencia artística na música galega.

Ritmos americanos repensados en Galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do esceario.

Na primavera de 2013 verá a luz o seu agardadísimo segundo traballo, o cal presentará o vindeiro 7 de Xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Nestes dous concertos, “Sés” virá acompañada pola súa banda, Tito Calviño na guitarra, Fran Sánz ao baixo e Marcos Pazo na batería

AXENDA

Facebook

23:59 h.
Bar de Fredi, Espasante.
5 €