Sés

Maio 21, 2012

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés, ou o que é o mesmo, María Xosé Silvar, é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. No seu formato acústico vén acompañada do guitarrista Tito Calviño.

UXÍA SENLLE Sés é unha ‘crack’… Letras, actitude, melodía e boa onda

UGÍA PEDREIRA (Marful) Quanta falta fazías, Sés!

VITUCO NEIRA (Planeta Furancho)
Sés é a muller furacán. A súa música é corazón. Música que latexa e fai latexar. En ‘Admirando a condición’ María clávanos os ollos e aloumíñanos os ouvidos.

PEPE CUNHA (Ábrete de Orellas)
Xa tardaba a escena pop-rock galega en contar cunha figura feminina, compositora e intérprete, como a de María Xosé Silvar. As cancións do disco rebordan personalidade, forza, carisma e un notable eclecticismo musical: rythm&blues, swing, soul, ritmos populares latinoamericanos ou mesmo country. Desde xa, podemos falar de Sés como unha artista nova pero referencial

SAPOCONCHO GALEGO
Admirando a condición non é un disco ao uso: é potente, tremendo, rockeiro e blueseiro… é un xeito de facer patria. Sés é magnífica, poderosa. Con Tito J. Calviño, o acústico é sensacional.

FRANCISCO ORSINI (Editorial Prensa Ibérica)
Sés es blanca con alma negra, caribeña y atlántica y revoltosa sin ser una rebelde sin causa. Fantástica

Facebook

22:30 h.
Pub Ultramarinos, Santiago de Compostela.
5 €