Sés

Abril 07, 2018

nota:

SES tamén visitará Vilagarcía na súa xira de presentación do seu quinto traballo, ‘Readmirando a condición’, no que a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. As entradas para o concerto da capital arousá -que terá lugar o sábado 7 de abril ás 21 horas- xa están á venda en ticketea.com.

O espectáculo forma parte da xira que a está a levar por outras cidades galegas (A Coruña, Vigo, Santiago, Narón e Lugo), ademais de Barcelona, Madrid, Bilbao e Lizarra. Neste ‘tour’ as súas fans poden escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo- que xa podedes escoitar neste videoclip en Youtube, que xa acadou máis de 12.000 visitas.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

***Este novo disco só se vende nos concertos da banda e na súa web.

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
chegou o novo de García Mc, con Xisco Feijoó: "Quen son eu?"PlayPlan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
14 €