Sés

Marzo 28, 2015

nota:

+potencia, ++ sentimento, +++ Ses
Tras dos valos
(Narón ,28 Marzo 2015) Arranca a xira presentación do terceiro disco da cantora no que suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate.
Os valos desaparecen e as rúas deixan de estar prohibidas no novo traballo discográfico de Sés. Rockeira e cantareira, comprometida e libre, sentimental e enérxica. Estamos en tempo de “Tronzar os valos”, de responder con música e ideas, con ilusión contra abatemento.
Estamos en tempo de Sés e do terceiro disco dunha das nosas máis singulares e poderosas voces.
Desta volta inaugurará o seu novo directo xunto coa súa banda no PAZO DA CULTURA DE NARÓN . Será o vindeiro sábado 28 de Marzo a partir das 20:00 h. As entradas están xa á venda en www.padroadodecultura.es
Doce cancións nas que adentrarse no universo Sés. Porque a Sés de “Tronzar os valos” é máis Sés que nunca. Isto significa a suma da potencia do rock, o ritmo e a mensaxe da canción latinoamericana, a tradición que leva nas veas e a súa intensa condición de cantora que
impregna a maneira directa de se achegar ao público.
Despois do éxito de “Admirando a condición” e “Co xenio destrozado”, o terceiro disco de Sés, “Tronzar os valos”, confirma unha forma de cantar singular, a flexibilidade de contorsionista dunha voz que se adapta a múltiples rexistros: suave como poucas nas baladas e desgarradora cando se impón a súa vea blues e rock. Regresa Sés aos escenarios coa enerxía do vento e
cancións cheas de verdade e forza.

AXENDA

Facebook