Ses

Febreiro 25, 2018

nota:

Xa están esgotadas as entradas para o primeiro dos dous concertos (sábado 24) cos que SES abre a xira de presentación do seu quinto traballo, ‘Readmirando a condición’, esta fin de semana no Teatro Colón da Coruña. E o segundo, que terá lugar o domingo 25, xa ten vendidas máis do 70% das entradas.

SES inicia este mes de febreiro na Coruña -con dous concertos consecutivos no Teatro Colón- a xira de presentación do seu quinto traballo, ‘Readmirando a condición’, no que a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. Será o sábado 24 e o domingo 25 de febreiro no Teatro Colón da Coruña. As entradas que quedan están á venda en Ticketea e na billeteira da Praza de Ourense

A xira levaráa por outras cidades galegas (A Coruña, Vigo, Vilagarcía, Santiago, Narón e Lugo) e de toda a Península (Barcelona, Madrid, Bilbao e Lizarra). Neste ‘tour’ as súas fans poderán escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo. Este novo CD inclúe ademais un tema inédito -e homónimo- que xa podedes escoitar neste videoclip en Youtube, que xa acadou máis de 12.500 visitas.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

SES publicou o pasado 1 de decembro o seu quinto traballo, ‘Readmirando a condición’, no que a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011. ‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
19:00 h.
Teatro Colón, A Coruña.
14 €