SES presentando o seu novo traballo”Co Xenio Destrozado”
20:30h apertura de portas
21:00h concerto
Prezo: Anticipada 10€ (+ gastos) // Billeteira 12€ (+ gastos)
Venda anticipada: Servinova.com
O vindeiro 1 de febreiro SES reanuda a xira de presentación do seu novo traballo, “Co Xenio Destrozado”, un dos discos máis vendidos en Galicia no ano 2013.
Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.
Co xenio destrozado é un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.
Gravado nos estudios BRUAR, da Coruña, e producido por MARÍA XOSÉ SILVAR, a propia SÉS, neste traballo conta cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).
Vindeiras datas de SES
15 de Febreiro – Auditorio Municipal de Rianxo
26 de Febreiro – Los directos de Radio3
26 de Febreiro – Moby Dick Club (Madrid)
14 de Marzo – Auditorio Municipal de Vilagarcía
29 de Marzo – Festa da Reconquista (Vigo)