Sés

Decembro 29, 2011

María Xosé Silvar, líder de Sés, e o guitarrista Tito José Calviño actuarán na tenda Discos Noni’s en formato desenchufado

María Xosé Silvar despide o ano cun novo concerto acústico. A compositora coruñesa que lidera o grupo Sés ofrecerá unha pequena actuación en Discos Noni’s (A Coruña) este xoves, 29 de decembro. Acompañada do guitarrista Tito José Calviño, Silvar (ou Sés, como lle chaman “na casa”) interpreterá en formato desenchufado os temas do seu primeiro disco, Admirando a condición, publicado en xullo de 2011 e gravado coa poderosa big-band que conforma Sés (metais, teclados e coristas incluídas, dez músicos en total).

O concerto do xoves na Coruña será na tenda de música DISCOS NONI’S (r/Pérez Cepeda , 15-17, un dos puntos de venda do disco) a partir das 20:00 da tarde e coa entrada de balde.

AXENDA

Facebook

20:00 h.
Discos Noni's, A Coruña
De balde.