Sés

Maio 26, 2018

nota:

SES presenta o sábado 26 de maio en Lugo o seu novo disco, ‘Readmirando a condición’. Será no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 20 horas. Neste novo traballo, publicado o pasado 1 de decembro, a cantora coruñesa volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, ‘Admirando a condición’, que publicara en 2011, ademais dun tema inédito -e homónimo- que se pode escoitar neste videoclip en Youtube, que xa acadou máis de 20.000 visitas.

O espectáculo forma parte da xira que a está a levar por varias cidades galegas (A Coruña; Vigo; Vilagarcía; Narón; e Lugo o 26), ademais de Barcelona, Madrid, Bilbao e Lizarra ao día seguinte. Neste ‘tour’ as súas fans poden escoitar por primeira vez o repertorio íntegro deste disco, pois naquel momento non se fixo xira e algúns dos temas que inclúe -como “Rolling Stone”, “Pepa” ou “Fala de mel”- apenas foron interpretados en directo.

Esta revisión do seu primeiro disco chega logo do éxito de ‘Opoñerse á extinción’, do que vendeu máis de 7.000 discos (chegou ao top 85 de vendas en España) e de ofrecer uns 50 concertos desde a súa presentación en decembro de 2016, con ‘sold-outs’ en case todos os auditorios galegos e concertos nas principais salas de Bilbao, Madrid ou Barcelona, alén de participar no Madrid World Pride e noutros moitos festivais por toda a Península.

‘Readmirando a condición’ está composto por doce temas, dos cales once corresponden ao seu primeiro álbum, que contiña éxitos como “Tempestades de sal” ou “Non son fada”. Desta volta, a cantora dálle un son máis “SES” ao seu disco de debut, convertendo aqueles temas nun son -en moitos casos- totalmente diferente, cunha sonoridade máis potente. Estas once cancións foron gravadas desde cero e producidas e arranxadas por ela mesma mesma, a diferenza do primeiro disco.

***Este novo disco só se vende nos concertos da banda e na súa web.

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:00 h
Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo.