Sés

Marzo 17, 2012

actuación acústica de María Xosé Silvar e Tito Calvino

Uxía Senlle
“Sés é unha ‘crack’… Letras, actitude, melodía e boa onda”

Ugía Pedreira (Marful)
“Quanta falta fazías, Sés!”

Vituco Neira (Planeta Furancho)
“Sés é a muller furacán. A súa música é corazón. Música que latexa e fai latexar. En ‘Admirando a condición’ María clávanos os ollos e aloumíñanos os ouvidos. ”

Pepe Cunha (Ábrete de Orellas)
“Xa tardaba a escena pop-rock galega en contar cunha figura feminina, compositora e intérprete, como a de María Xosé Silvar. As cancións do disco rebordan personalidade, forza, carisma e un notable eclecticismo musical: rythm&blues, swing, soul, ritmos populares latinoamericanos ou mesmo country. Desde xa, podemos falar de Sés como unha artista nova pero referencial”

Sapoconcho Galego
“Admirando a condición non é un disco ao uso: é potente, tremendo, rockeiro e blueseiro… é un xeito de facer patria. Sés é magnífica, poderosa. Con Tito J. Calviño, o acústico é sensacional”

AXENDA

23:00 h.
Fundaçom Artábria, Ferrol.
De balde.