Sérgio Tannus Trío “Son Brasilego”
 presentación + jam session

Decembro 12, 2012

Sérgio Tannus Trío “Son Brasilego”
presentación + jam session
Sérgio Tannus é un dos músicos máis completos da safra brasileira. Mora en Compostela desde hai 6 anos e en todo este tempo non parou de traballar, compartindo escenarios cos máis grandes. Agora é el o que presenta o seu traballo propio, para o que contou con moitos destes grandes amigos músicos: Uxía, António Zambujo, Joao Afonso, Ugia Pedreira, Narf, Xabier Díaz, Carlos do Carmo… e así ate 40 colaboradores!
O traballo presentarase por todo o alto o 18 de Decembro no Teatro Principal de Compostela, pero os que nos acheguemos á presentación da Casa das Crechas poderemos ter antes algún petisco e rematar a xornada cunha jam brasileira.

AXENDA

20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.