Sergio Tannus Trío

Abril 14, 2015

nota:

A Casa das Crechas acolle o concerto de Sérgio Tannus Trío, que fará un percorrido especial a través das súas cancións escritas en Galicia e no Brasil. Traeranos un repertorio moi variado que presentará algunhas cancions do CD “Son Brasilego”, mais tamén temas instrumentais autorais, cancións dos meus concertos anteriores, clásicos da MPB e a estrea dalgúns temas inéditos do seu vindeiro disco.

Neste trío acompañan a Sérgio Tannus Gutier Álvarez e Paulo Silva, pero nesta noite especial estarán tamén a cantora Uxía, o humorista Carlos Blanco, Xoán Curiel e Manuel Paino, entre outros.

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, é autodidacta e foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Compostela e, logo de numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este ano proponnos o proxecto do seu novo disco “Son Brasilego”. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

No seu último disco, “Son brasilego”, o artista de Niteroi rodeouse de máis de 40 colaboradores tales como Uxía, Carlos do Carmo, Antonio Zambujo, João Afonso, Narf, Ugia Pedreira e moitos outros, construíndo unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil.

Segundo Tannus, “Son brasilego” “aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €