Sérgio Tannus

Marzo 24, 2016

nota:

A Casa das Crechas acolle este xoves 24 un concerto de Sérgio Tannus, que fará un percorrido especial a través das súas cancións escritas en Galicia e no Brasil. Traeranos un repertorio moi variado que presentará algunhas cancions do CD “Son Brasilego”, mais tamén temas instrumentais autorais, cancións dos meus concertos anteriores, clásicos da MPB e a estrea dalgúns temas inéditos do seu vindeiro disco.

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, é autodidacta e foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Compostela e, logo de numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este ano proponnos o proxecto do seu novo disco “Son Brasilego”. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

No seu último disco, “Son brasilego”, o artista de Niteroi rodeouse de máis de 40 colaboradores tales como Uxía, Carlos do Carmo, Antonio Zambujo, João Afonso, Narf, Ugia Pedreira e moitos outros, construíndo unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil.

Segundo Tannus, ‘Son brasilego’ “aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

AXENDA

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
6 €