Senza

Agosto 04, 2018

nota:
SENZA (fusión lusófona) – 20.00h –

Os SENZA son unha banda portuguesa cun estilo de música que se guía polas sonoridades dos países lusófonos, unha música do mundo en Portugués, á cal chaman de fusión-lusófona. A xira do álbum “Praia da Independência” (distinguido pola radio nacional co selo “DISCO ANTENA 1”), tivo un enorme éxito e levou ao grupo a literalmente atravesar o globo, actuando en moitos escenarios en cidades como Goa, Nova Deli, Nova York, Washington, New Bedford, Bombai, Pequín, Díli (Timor-leste), Frankfurt, Bruxelas, Cáceres, Mainz, Poitiers, Saint-Étienne, Porto e Lisboa.

Os sinxelos “Praia da Independência” e “Comboio de Bambu” rapidamente formaron parte de playlists nacionais e internacionais.

Foi durante unha viaxe de tres meses que realizaron ao sueste asiático que os músicos crearon o grupo e desta forma o asociaron definitivamente a paraxes remotas. Rapidamente pasaron do asomo creativo que os levou a escribir as primeiras cancións nas praias do sur do Cambodia, Vietnam e Tailandia, aos concertos un pouco por todo o mundo. O segredo, din, está na intensidade con que viven as experiencias en viaxe e a súa entrega e paixón pola música. Músicos e viaxeiros, traen no seu primeiro álbum esas paixóns, os locais, as persoas e as experiencias vividas polo mundo.

AXENDA

Facebook

20:00 h
Virxe da Cerca (Xardín Momo), Santiago de Compostela.
De balde.