Semente Trasancos presenta o CD de cancións tradicionais “Músicas para a Semente”

Decembro 28, 2015

nota:

Semente Trasancos presenta o CD “Músicas para a Semente” de cancións tradicionais despois dun ano de ensaios e gravacións.
O espazo educativo Semente Trasancos segue a recibir colaboracións de todas partes de Ferrolterra para a súa finaciación. A última vén en forma de CD. Un ano de ensaios por parte de cinco mulleres cantareiras da comarca, Alberte Maceiras na dirección musical e outros catro músicos completan “Músicas para a Semente”; un CD que está xa a ter un gran éxito de venda a un prezo de dez euros.

Unha das cantareiras e pandereiteiras, Iria García (socia de Semente Trasancos) afirma que “traballamos moito as raíces das cancións tradicionais de Galiza e Portugal, é un agasallo para todas as crianzas deste país mais é un CD para todas as idades. Tamén disfrutamos moito ao facelo eagradecemos o gran esforzo de diferentes persoas da comarca que puxeron o seu coñecemento para que fose unha realidade”. O CD vén en formato libro e deseñado polos ferroláns “gelo e juanlu”, dentro atópanse as letras das cancións e unhas verbas escritas polo dramaturgo, Marcos Abalde. Iria define todo este traballo en dúas palabras “ilusión e esforzo”. Desde Semente engadimos unha terceira “solidariedade” porque todo o beneficio vai para a Semente.

Os pontos de venta son:
Ferrol: Fundaçom Artábria
Narón: “O Muíño do Fabal, xoguete didáctico” e Semente Trasancos
Ares: libraría Carpe Diem
Pontedeume: Colectivo Terra, bar futbolín e bar Valadouro
Lugo: colectivo Madia Leva e bar a Fouce
Compostela: libraría NUMAX
Ribeira: tenda Rei Zentolo Ribeira
Vigo: Semente Vigo

AXENDA

Facebook