Selma Uamusse

Xuño 21, 2019

nota:

A mozambiqueña Selma Uamusse estará este venres no Centro Galego de Arte Contemporánea por partida dobre

A artista mozanbiqueña Selma Uamusse estará este venres 21 de xuño por partida dobre no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. Ás 20:30, participará cunha performance na inauguración da exposición da tamén mozambiqueña Ângela Ferreira ‘Pouco a pouco’, e, ás 22:30, ofrecerá un concerto no exterior do edificio. Ambas actividades son de entrada libre e de balde.

A poderosa voz de Selma Uamusse e a súa versatilidade fan brillar a artista mozambiqueña en diversos reinos: desde rock a afrobeat, pasando polo gospel, soul e jazz. Uamusse enriqueceu a súa viaxe con diferentes linguaxes, sempre consciente do poder transformador social e político da música. O seu primeiro EP, publicado en 2017, reflicte o seu camiño e o seu ser: unha nova e enérxica cantante que viviu a súa adolescencia durante a era dourada do rock en Portugal, coñecedora do cancioneiro tradicional de jazz e soul norteamericanos, experta nas súas referencias vocais (como Nina Simone, Miriam Makeba, etc), e intérprete de ritmos e sonoridades africanas…

Pero a refinada mestura que Selma ofrece é moito máis que unha colaxe das súas aventuras artísticas, senón que constitúe un organismo vivo e único, individual, fresco e actualizado dunha maneira sorprendente e inconfundible. Podes situar a música de Selma Uamusse nun cruzamento de camiños entre as machambas (hortas) de Mozambique e os clubs europeos, entre os idiomas e ritmos africanos tradicionais e a produción electrónica contemporánea: unha historia de amor entre timbilias (balafón mozambiqueño) e sintetizadores.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
CGAC, Santiago de Compostela.
De balde.