Secho y los Invisibles

Xuño 17, 2016

nota:

Secho y los Invisibles presentan o seu primeiro disco, ‘Xa fai un tempo’, unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento.

O proxecto comeza a súa andadura no ano 2009 en Dodro da man de Sergio Castiñeiras, principal artífice da banda. Na busca da continua mellora, despois de máis de sete anos de actividade en concertos por todo o país e de pasar por diferentes formatos, Secho y los invisibles estabilízase na formación onde sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto.

Logo de varias maquetas e aparicións en distintos discos recompilatorios e de homenaxes a outros artistas, a banda acada a súa madurez e decide gravar o seu primeiro disco. Despois dun intenso traballo nace “Xa fai un tempo” (2016), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folk, de asfalto e terra, co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar un intre de complicidade coa xente.

En 2016 Secho y los invisibles pasa a formar parte do selo discográfico Discos da Máquina (ddm), xunto con Ataque Escampe, Caxade, e outras bandas de referencia no panorama actual galego.

AXENDA

Facebook

7 days ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
4 €