Secho y los Invisibles

Abril 08, 2017

Ndp:

Secho y los Invisibles presentan o vindeiro sábado 8 de abril o seu primeiro disco, ‘Xa fai un tempo’ (Discos da Máquina, 2016) no Bâbâ Bar da Coruña ás 22 horas.

Secho y los Invisibles é unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento. A banda comeza a súa andadura en 2009 da man de Sergio Castiñeiras. En 2016 consolídanse coa formación actual e publican o seu primeiro disco “Xa fai un tempo” (Discos da máquina), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folc, de asfalto e terra… co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar a complicidade da xente.

Logo de pasar por varios formatos, Secho estabilízase na formación onde sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto. E despois de varias maquetas e participación en distintos discos recompilatorios e de homenaxe a outros artistas, a banda chega á súa madurez e decide gravar o seu primeiro disco, que ve a luz en 2016: ‘Xa fai un tempo’. Nel mesturan rock e folk americano e asfalto e terra co que pretenden chegar á esencia do que queren contar.

Secho y los Invisibles son:

Sergio Castiñeiras: voz e guitarra acústica
Benjamín Vázquez: guitarra eléctrica
Anxo Araujo: baixo
Roi Castaño: batería e percusión

Facebook

22:00 h.
Babá Bar, A Coruña.
5 €