Saxophobia Funk Project

Novembro 18, 2018

nota:

Saxophobia Funk Project, grupo de estilo jazz-funk procedente da illa de Mallorca nace no ano 2013 por mor de unir un cuarteto de saxofóns de música clásica cunha base rítmico-harmónica máis propia do funk.

Desta unión xurdiu un proxecto totalmente persoal e diferente, cun directo esmagador que os seus músicos defenden tanto con temas propios do seu primeiro EP (On Air, 2015) gravado nos estudos VAIVE Productions polo técnico de son Pep Nadal, como coas súas características versións de temas tanto clásicos como descoñecidos polo público xeral.

Entradas online dispoñibles en Entradium.

AXENDA

20:30 h.
Bar Aturuxo, Bueu.