nota de prensa:
Preto de vinte contacontos, actores e dramaturgos converterán á capital galega no centro da narración oral. Obradoiros, conferencias e visitas culturais completan unha oferta de ocio inédita en España.
Galicia toda como un porto de mil cincocentos quilómetros de pantalán. Un mar inmenso desde o que chegan e marchan historias, narracións de heróes, de deuses pero, sobre todo, de homes e mulleres do común. Esa é a filosofía que está detrás de “Atlántica 2013”, o I Festival Internacional de Narración Oral que terá lugar entre o 5 e o 16 de marzo en Santiago de Compostela, Oleiros e Lugo
Galicia converteráse, por uns días, no centro da narración oral de España con programación para todos os públicos. Ata á capital galega chegarán historias e contadores de historias dos países que beirean o océano Atlántico; da propia Galicia, pero tamén de Portugal, Inglaterra, Arxentina, Brasil, Uruguai, países vinculados todos eles ao mar e que fixeron do mar un dos seus máis fortes selos de identidade.
Días e noites de historias
Os días, coas súas noites, estarán cheos de actividades. Polas mañás, contadores de historias; pola tarde, contos para os nenos. No serán, debates, reflexións, diálogos e obradoiros de formación para os propios profesionais da narración oral. E á noite, será para encher de historias marabillosas os bares da capital.
A capital galega tamén acollerá contadores paseantes que amosarán, a pequenos grupos, as historias que latexan na cidade, viaxando no espazo e no tempo coas narrativas que agacha a historia de Compostela. E para os máis pequenos, 40 actividades repartidas entre Santiago, Oleiros e Lugo.
Contacontos do Atlántico
Máis de vinte profesionais participarán neste congreso, a maior parte deles, contacontos. Pero tamén hai arqueólogos, escritores, bibliotecarios, filólogos ou divulgadores, . Entre os profesionais galegos destacan:Ana Carreira, Filipe Díaz-Caxoto, Fátima Fernández, Charo Pita, María da Pontragha, Pedro Brandariz, Quico Cadaval, Paula Carballeira,Raquel Queizás, Celso Fernández, Avelino González ou Cándido Pazó.
De outras beiras do Atlántico chegan José Campanari, actor, contador e director teatral arxentino; Tin Bowley, narrador británico; Clara Haddad, narradora, produtora e actriz brasileira; Jorge Serafim, narrador portugués e Soledad Felloza, contacontos de Uruguai, actriz e fotógrafa.
No obradoiros teóricos estarán Xabier P. Docampo, escritor, actor e dramaturgo; Antonio Reigosa, escritor, investigador e divulgador; Manuel Rivas, xornalista e escritor; Blanca Calvo, Filóloga e divulgadora cultural e María Luz Corral Uzal, bibliotecaria. O arqueólogo Xurxo Ayán será o encargado das visitas históricas-culturais á Compostela a través da súa “Santiago e a última cruzada”.
Sedes
Nesta iniciativa participan varios pubs da capital galega e institucións, entre elas, o Pub Atlántico, Modus Vivendi, A Borriquita, As Crechas, Abastos 2.0, Salón Teatro, Teatro Principal, Sala Mozart del Auditorio de Galicia, Centro Cultural Santa Marta, Centro Cultural de Fontiñas e a Rede de Bibliotecas de Oleiros.