Santiago Auserón canta con la RFG

Xuño 15, 2016

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Ricardo Casero, director
Santiago Auserón, voz
Joan Vinyals, guitarra

Río negro
Pies en el barro
Duerme zagal
El mirlo del pruno
El forastero
La misteriosa
El carro
No más lágrimas
Obstinado en mi error
Annabel Lee
Fonda de Dolores
Reina Zulú
El canto del gallo
La negra flor
La mala fama
El desterrado

antiago Auserón presentará coa Real Filharmonía de Galicia o seu proxecto Vagamundo. Xunto aos músicos da orquestra soará tamén a guitarra acústica de Joan Vinyals, que o acompaña habitualmente.

Neste concerto sinfónico, o público terá a oportunidade de escoitar un total de 16 cancións do artista, do repertorio tanto de Radio Futura como de Juan Perro. Trátase de temas tan populares como “Río Negro”, “El forastero”, “El canto del gallo”, “La mala fama”, “El desterrado” ou “La negra flor”.

O músico agradece os arranxos de Amparo Edo, dos que afirma: “Podo soñar con escoitar os meus temas cunha sonoridade que aspire a captar algo de certos músicos de formación clásica que aceptaron os riscos da escena popular como Kurt Weill, o Bernstein de West Side Story, Nino Rota ou Henry Mancini”.

Santiago Auserón é filósofo de formación, escritor, compositor e cantante. A principios dos 80 participou na fundación do grupo musical Radio Futura. En 1993 iniciou unha nova etapa musical baixo o nome de Juan Perro, un proxecto no que combina as tradicións musicais afroamericana, afrocaribeña e hispana; que o levou a obter novos recoñecementos en España e Latinoamérica, entre eles o Premio Nacional de Músicas Actuais do Ministerio de Cultura en 2011. Produciu antoloxías históricas de son cubano como a de Compay Segundo. Escribe sobre música e pensamento, imparte conferencias, publica ensaios como La imagen sonora e El ritmo perdido e obtivo o grao de Doutor en Filosofía cunha tese sobre música grega antiga.

AXENDA

Facebook