Santero y los muchachos “Rioflorido”

Xuño 04, 2019

Resulta tentador tirar da comparación ou mesmo falar algo mal de propostas máis populares para sinalar que lle vexo máis méritos a esta banda. A estas alturas da película ben sabemos a diferencia que marca o de ter padriños, que o público sexa pouco esixente ou curioso, ter a arte de se subir a unha moda, ou mesmo copiar artistas que enchen recintos e aínda venden discos. Porén, é de xustiza que o comentario do segundo disco desta banda levantina se centre en todo o bo que fai esta banda tan recomendábel. Recoñezo que estaba desexoso de ver se consolidaban aquel “Ventura” que comentei tamén neste portal hai un par de anos. E vaia se o fan!

Collen unha bandeira que eles chaman rock repousado e que ben se pode entender como o das influencias acumuladas, maceradas e asimiladas. Merecen facerse un lugar de seu na mellor tradición do rock escrito en castelán, deste e doutro lado do Atlántico, porque, aínda que vaiamos apreciando as súas fontes, son quen de soar a eles mesmos. As composicións, na súa maioría de Miguel A. Escrivá (contrabaixo e vocalista con personaldiade propia) pero tamén do seu irmán Josemán (guitarras e pianos), amosan elegancia, soltura e equilibrio abraiantes entre o serio ou máis existencial (“Como todos”, “El perdedor”) e o lúdico ou canalla (“Estamos bien”, “Algo más”), entre o tirando a accesíbel (“Para siempre no existe”) e ese algo máis complexo (“Octubre”), entre o recollido (“Mañana asesina”) e o épico (“Volver a casa”). Seica tiveron boa escola na casa, pois a canción máis 60s do disco está asinada polo seu pai Pepe Escrivá: “He de olvidarte”. Até a canción de amor de turno está sobrada de encanto: “Guantanamera”.

O disco toma o nome de El Palacete del Marqués de Rioflorido, onde “la mayor parte de la inspiración, composición y grabación se llevó a cabo”. Del atopamos fotos na parte física do disco, tamén coidadísima. Se tivese que dicilo máis directamente, non é nada habitual dar cun álbum de tanta coherencia de principio a fin (cun instrumental magnífico e crepuscular: “Tierra muerta”), no que é difícil non mencionar todos os temas, pois ningún merece quedar fóra. As letras non son manidas ou previsibeis, todo soa no seu sitio e na súa medida de contundencia, distorsión ou sosego, nos solos, na base rítmica e neses coros que tamén son selo da banda. Se gustas dos Burning, dos Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán, dalgún Sabina, 091, Los Rodríguez, Bunbury … pero ante todo das boas cancións, non esperes máis.

Pepe Cunha, 4-xuño-2019

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook