santa rita “high on the seas”

Maio 30, 2013

O selo Aloud sempre está aí, disposto a apostar por proxectos roqueiros e de espíritu libre, con ilusión e agarimo dentro da fereza das propostas. Agora achégannos o debut deste cuarteto feminino de Barcelona que remite ao rock alternativo dos noventa, entre o grunge e un rock clásico espeso que se deixa levar pola experimentación e os cambios de ritmo, Combinan con equilibrio a formación básica de tres instrumentos (baixo, guitarra e batería) e as melodías vocais.

A cantante Cecilia pasa do murmurio da calma ao chío da rabia con xeito e atopa contrapunto nos solventes coros da guitarrista Natalia. Tamén apoia nos coros a firme base rítmica con aires “math” de Martha (baixo) e Laura (batería). O resultado son cortes como “Pacífico”, “Necochea”, “Fidji”, “Cap de Creus” ou “Adriático”, que amosan unha proposta enérxica, escura pero pola que escoa a luz das melodías, con arroutes guitarreiros e un dose xusta de distorsión. Con acerto recorren ao traballo de Santi García nos estudios Ultramarino para acadar un son rotundo.

Os ouvidos máis afeitos a este tipo de propostas apreciarán este álbum de debut. Anteriormente xa editaran un EP de presentación tamén dispoñible en Spotify..

Pepe Cunha, 30-maio-2013

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook