nta.
Samarúas é unha proposta que nace no ano 2013 e que presenta neste ano a súa nova formación e liña musical, máis achegada á visión persoal da realidade e os fenómenos que a conforman.
Un son que xurde das inquedanzas musicais dos seus compoñentes que sae á luz no 2013 e que en 2014 acadou grandes feitos, foron
gañadores do QueroStar no Son do Barbansa e 2º premio no MúsicaXove. Teñen actuado en festivais coma o Asalto ao Castelo, Festa Galega, FAM… e teñen colaborado con eles músicos tan importantes como Kepa Junkera.
Presentación do seu primeiro videoclip
En xaneiro, o grupo presentou en FNAC a peza audiovisual “NON”, creada sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro ao que se achegan diferentes claves: poética, social, persoal… Esta obra é o resultado da colaboración con MMweb, encargados do apartado visual e servíu de adianto da nova sonoridade de Samarúas.
O vindeiro domingo 21 de maio, a sala Garufa Club da Coruña acollerá dende as 19:30h. o primeiro concerto do grupo con esta nova formación á que se incorporou o batería Isaac Pérez. Será o momento de escoitar un novo repertorio creado coa intención de plasmalo discográficamente a curto prazo.