samarúas “prólogo”

Abril 27, 2018

Esta formación coruñesa de carácter eminentemente folque presentouse aló polo 2013 e foi acadando recoñecementos nalgúns certames: gañaron o QueroStar, 2º premio no certame MúsicaXove”14 e finalistas Certame Fran Pérez “NARF” 2017, ademais de tocar en varios festivais. Sen présas foron confeccionando as composicións que ían compoñer este seu primeiro traballo, gravado nos estudios Bonham e autoeditado.

“Prólogo” ten que ver coa preocupación polo ser humano e a natureza (“Man”, Manfred Gnädinger Man, abre o disco e inspira a capa do álbum) e tamén coa poesía, pois ademais dunha letra propia musican a Celso Emilio Ferreiro (“Non”) e Xosé Iglesias (“Transfusión Oceánica”). Samarúas son Miguel Vázquez (gaita e saxo), Antonio Prado (percusión), Tania Caamaño (voz e percusión), Fran Barcia (acordeón), María Blanco (violín), Carlos Barcia (guitarra) e Isaac Pérez (batería) e sitúanse “A cabalo entre a creación propia e a reinterpretación do tradicional, tendo presente a Costa da Morte, as súas xentes e o seu mar, combinamos temas propios cos tradicionais nun folk fresco con personalidade propia. Vimos da canteira da música tradicional que nós mesmos recreamos”

Nesta carta de presentación, Samarúas busca máis construír sobre unhas boas melodías que sorprender ou rachar esquemas, pero o seu “Prólogo” resulta un debut digno e interesante que linda nas coordenadas do folque tradicional ao tempo que achega un chisco de frescura que se agarda dunha formación nova. Para escoitar e sentir máis en troques de falar moito. Áo discurso de Man “o alemán de Camelle” me remito. Esperemos a ver qué nos deparan a partir de agora

Pepe Cunha, 27-abril-2018

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook