Sabela & The Heartbreakers

Xullo 14, 2015

nota:

Continúa a programación do Vía Sacra Fest nas terrazas dos locais da Casa das Crechas, o Cervantes e o Albaroque. E esta vez tócalle a Sabela King and the Heartbreakers, que traen o seu blues desde Boiro para o disfrute dos composteláns.

Trátase dun trío formado Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez, todos membros de The Lákazans. Estilísticamente móvense entre o blues, o country e o soul, adaptando versión dos clásicos destes xéneros a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios.

Facebook

19:00 h.
Vía Sacra, Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.