Sabela King and the Heartbreakers

Xuño 07, 2019

Sabela King & The Heartbreakers nos Sabela King & The Heartbreakers Con máis de douscentos concertos por toda Galicia, entre os que cabe destacar a súa participación no Outono Códax Festival, o Fisterra Blues Experience e o festival Feito A Man; Sabela King and & The Heartbreakers gravan o seu primeiro disco homónimo. O disco está composto por seis temas propios e catro versións moi persoais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau.
O disco está gravado en directo. Sabela King canta e toca o ukelele, Benjamín Vázquez toca as guitarras e Ramón Figueira “Figui” toca as harmónicas.
Sabela King & The Heartbreakers defínese pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela mestúrase coas atmosferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilístico no que se percibe un profundo respecto ás diferentes linguaxes das músicas populares, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.

Organizado por:
Riquela
Modus Vivendi
Borriquita de Belém

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Praza de Feixóo, Santiago de Compostela
De balde.