Ruxe Ruxe

Febreiro 14, 2020

nota:

WARNING!!!
O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA son trece anacos de salvaxe bondade e outros tantos retallos de inzada maldade. Son un despropósito de feitos e falares nunha interminable noite de choiva, fume, lóstregos e cores. O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA somos ti mais eu perdidos e esqueléticos, fumando ortigas e catando velenos na beira daquel vello, vizoso e fermoso carreiro. Namoradas, espidas, esgotadas e agardando por nada no efémero fluír dos reloxos rotos, dos felices bicos húmidos e dos veloces soños que nunca se deixan atrapar. Tas avisad@ !!!!

——————————————————————
Desde RUXE RUXE queremos convidarvos a tod@s a pasar con nós a noite de namorad@s na Sala Capitol en Compostela presentando “O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA” o noso novo disco.
Non se nos ocorre mellor forma de celebralo que nunha noite chea de amizade, enerxía positiva, moita música e rodead@s de tod@s vós xa que vós sodes o motor culpable dos nosos 24 anos de música e resistencia. Abrimos portas ás 21.15 cunha seleción de músicas que inspiraron a nosa carreira dende os inicios e ate hoxe e as 22.h estrictamente punktuais comezarmso o concerto cun repertorio moi especial para ese día.

Entón ?? Vémonos o 14 de febreiro na Capi oouh ? 🙂

Entradas físicas anticipadas:
– BarTolo
– A Reixa tenda
– O Besbello

Online:

Facebook