Ruxe Ruxe

Maio 16, 2013

nota:

A Casa das Crechas acolle o concerto do grupo de rock galego Ruxe Ruxe no que presentarán a súa oitava achega discográfica: “Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras”.

“Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras” é unha escolma de cancións con maiúsculas, un disco gravado en Oceano Estudio polo prestixioso produtor Javier Abreu (Os Resentidos, Los Piratas, Boikot, etc.) e que conta cunhas colaboracións de auténtico luxo: Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban (Skacha), o que fai deste traballo discográfico un disco imprescindi- ble para os seguidores do rock feito na Galiza.

Coa súa persoal proposta musical, baseada nunha contaxiosa fusión de rock, punk, rock’n’roll, música tradicional, folk ou ska, levan os Ruxe-Ruxe dende o ano 1.996 levando a súa música por toda a xeografía galega e alén das nosas fronteiras grazas ao seu enérxico e potente directo.

Ruxe-Ruxe é un grupo de culto que se mantén fiel a si mesmo marcando o seu camiño e o seu destino. Despois de máis de 16 anos, Ruxe-Ruxe é sen dúbidas unha das bandas máis emerxentes e con maior proxección da actual escena rock galega. Cultura, compro- miso coa terra e coa língua, traballo, actitude e honestidade son as súas armas.

AXENDA

22:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
3 €