Rústica

Marzo 05, 2015

Recoñezo as miñas dúbidas iniciais ante un novo traballo con Cristina Pato coma partícipe. Non gostara nada da súa colaboración con Rosa Cedrón no disco “Soas”, que me pareceu artificioso, de gusto dubidoso, algo trasnoitado e nada creíble. Porén, a presenza aquí de artistas con tanto peso artístico coma Davide Salvado e Anxo Pintos animábame a ter esperanzas nalgo moito mellor. E vaia se o foi !, pois tamén descubrín o bo facer de Roberto Comeseña no acordeón.

En verbas da Pato no libriño, “Rústica naceu como unha carta de amor en galego para celebrar os meus quince anos de carreira en solitario e acabou sendo un regalo de tres músicos aos que admiro e que me emocionan profundamente.” Probablemente a súa experiencia coma directora do laboratorio musical “Galician Connection” animouna a xuntalos na procura dese aquel que xorde cando agroma a complicidade. Ademais de acadala, “Rústica” transmite un amor profundo polo patrimonio cultural de Galicia.

Este encontro agasalla media hora de recreación musical de oito cancións antigas e tradicionais, boa parte delas xa no repertorio de Davide, polo que semella que este deixa máis pegada no resultado final: “Meu cabalo” (todo un acerto abrir con esta alfaia!), “Mens”. “Erbecedo”… Porén, tamén a voz grave de Cristina é quen de impresionar en “Cardadores” sobre a zanfona de Pintos e o acordeón de Comesaña, ás veces máis contidas, outras máis experimentais, pero sempre fermosas ao longo do disco.

Entre moitas ideas que van e veñen, só algunhas se convirten en proxectos que funcionan á altura deste. Unha aposta por deixarse levar co fin de faceren algo xuntos prácticamente no momento, con pouco ensaio e estudio (os vigueses Ultrasónica a finais de agosto). En vista do resultado, gardará a condición de irrepetible ou terá continuidade? Haberá concertos ou máis gravación de estudio? Os catro continuarán coas súas carreiras e proxectos en solitario, pero a maxia transmitida e unha aceptación esperable fai pensar en máis. Nun país normal habería xira pola nosa xeografía, así que sigamos loitando pola normalidade convencendo con productos así de dignos, vitais e enraizados na terra. 

Pepe Cunha, 5-marzo-2015

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

14 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook