rusos blancos “tiempo de nísperos”

Maio 23, 2013

O chamado indie español non anda precisamente escaso de cancións sobre “gafapastas” narrando con gratuidade os seus dramas, traumas ou teimas. Mais as letras desta formación chegada de Madrid ábrense paso a base de mordacidade, ironía, autocrítica ou parodia. A isto debemos engadir que no musical se moven con soltura polas correntes pop e que combinan con acerto instrumentacións varias e voces masculinas e femininas. Xa que logo, eis unha proposta á ter en conta como mínimo por sobresaír da media e á que desde os albores tivo en conta a produtora galega Ernie Producciones.

Manteñen eses aspectos postivos que xa comentabamos do seu debut de finais de 2011 e agora o dúo compositivo formado por Manuel Rodríguez (cantante da banda), e Javier Carrasco (guitarra, teclados…) volve entregar cancións tan desfrutables como a fresca “Bonito cortejo” (“Escribí “puta” en tu puerta, pero tú sabes que quería decir “te quiero””), o aire disco de “Baile letal 3” e retrousos tan pegadizos como os de “Dudo que el amor nos salve” (“y sin embargo ya es tarde para que el amor nos salve”) ou “Oro, disfruto” (“Nunca disfruto de nada en realidad”).

Si, Manuel Rodríguez xa recoñece en “Hogareña” que “ya, ya sé, hablo sobre lo mismo siempre”, pero faino ben e a banda sabe vestir eses textos de canción. A (suposta) amargura das letras sobre relacións sentimentais turbulentas ou rachadas contrasta continuamente cunhas músicas con brillo e luminosas como “Soy un hombre triste” ou a mencionada “Hogareña”. Até cando caen nunha melodía “tristona” ou letra máis previsible saen a flote: “Algunas cosas sobre mí que aprendí estando contigo”. Ademais, no bo acabado sonoro do disco teñen moito que ver a gravación con Paco Loco e a masterización por Joaquín Pascual.

Por se non abondase, veñen tamén recomendados por outro nome salientable do “indie” español, Julio de la Rosa:
“me gusta este disco por muchas cosas, pero destacaría esa ironía al tratar una ruptura sentimental como medio para llegar a entender todas-las-rupturas, y tener la mala hostia -y el humor- de dejarnos en ninguna parte. Porque al final, y no descubro nada, el personaje protagonista de este álbum no está capacitado para tener éxito en las relaciones amororsas. ¿Te suena? Intentarás hacerme feliz. Otros ya lo intentaron antes. Pero ese descontento, esa afectividad negativa que aparece en cada frase -y aquí el mayor de los aciertos- aparece como caramelo envenenado envuelto en ecos de Curtis Mayfield y el soul y la música disco de los 70, en arreglos que recuerdan a John Lennon e incluso a Kiko Veneno, o en melodías que evocan ciertas sintonías televisivas.”

Pepe Cunha,23-maio-2013

AXENDA