Rui Veloso, Chico César, Cheny Wa Gune e Sés, protagonistas do décimo aniversario de Cantos na Maré

Decembro 01, 2012

Hoxe foi presentada durante a feira Culturgal a X edición do festival da lusofonía Cantos na Maré.

Xuntar no escenario algunhas das voces máis interesantes das músicas de lingua galega e portuguesa para crear un repertorio único e un vínculo musical que perdure no tempo. Ese é un dos principais atractivos de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que o sábado 12 de xaneiro ás 21:00h volve ao Pazo da Cultura de Pontevedra para celebrar un aniversario redondo: o décimo. De novo conta coa dirección artística de Uxía e regresa á dirección musical Paulo Borges, un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas.

Rui Veloso, considerado o pai do rock portugués e con máis de trinta anos de carreira que o converten en toda unha institución, será unha das principais referencias desta edición. Igualmente o será Chico César, unhas das voces brasileiras máis enérxicas e recoñecidas mundialmente, que mantén un vínculo moi especial con Galicia e con Cantos na Maré, pois na primeira edición exerceu como director musical. Xunto a eles estarán Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial da timbila, o instrumentro tradicional máis destacado do seu país, e máis Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.

O espectáculo virá, coma sempre, precedido de varios días de ensaios para que os convidados se coñezan e constrúan xuntos un repertorio orixinal que fai de Cantos na Maré un espectáculo único. Contará coa dirección musical de Paulo Borges (Azores-Portugal), que tocará o piano e estará á fronte dunha banda tamén de carácter internacional.

VENDA DE ENTRADAS

Anticipada: 25 €
Á venda a partir do 5 de decembro No teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com. Venda anticipada ata esgotar localidades.

Despacho de billetes (sábado 12 de xaneiro): 30 €
Pazo da Cultura: de 19:00 h ata o comezo do espectáculo

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook