ciclo SantiAutor
nota:
-ROZALÉN (30 de Abril – Auditorio La Salle – Entradas 18€ – Billeteira doTeatro Principal e entradas.abanca.com – Hora apertura: 21:45h – Comezo: 22:30h)
“Quién me ha visto”, o segundo e flamante albúm de Rozalén, saiu publicado o pasado mes de setembro colocándose a semana do seu lanzamento no posto número 1 nas listas de vendas e manténdose nos máis altos de prataformas dixitais como Itunes. O que amosa a excepcional acollida que brindou o público a esta segunda entrega da súa carreira, que toma o relevo de “Con derecho a … “, primeiro disco co que logrou disco de ouro e percorreu coa súa xira toda a xeografía española, para converterse nunha das grandes revelacións da música española e máis firmes promesas da música feita no noso país.
Un dos concertos que mellor sabor de boca deixou ao público na pasada edición de SantiAutor foi o seu, cousa a ter moi en conta.