nota:
Que lonxe quedan as Noites de Reis nas que un se deitaba nervioso, facendo inventario de zapatos e xanelas nas tebras do dormitorio. Aínda que un deixase de crer en reis, cada vez desconfíe máis dos magos e non saiba onde empeza Oriente e acaba Occidente, dende Desconcierto Cultural queremos recuperar a ilusión por esta noite cunha festa con tres concertos e unha boa pinchada.
Así, o xoves 5 de xaneiro, na Casa das Crechas celebraremos o ROSCÓN: Festa de Reis Republicana, un doce que agocha a tres bandas: Esposa, Gancho Sanches e Peña, que son todo un agasallo. Será unha noite máxica ao calor do escenario do histórico local da Vía Sacra na que o punto final o poñerá a selección musical do DJ Lemur.
As entradas, a un prezo de 9€, están á venda en A Reixa Tenda, Casa das Crechas, e na ligaón baixo.
ESPOSA
Esposa son e non son pop, tampouco son da new wave pero comparten moito do tolo espíritu desas bandas, ou como escribiu Xavier Valiño en Mondosonoro “… muestran especial devoción por el pop rápido -cantado en gallego- en la onda The Feelies, con ecos de Devo o The Modern Lovers”. Ahí é nada.
GANCHO SANCHES
Galegos afincados en Barcelona, e con membros de Braishtalung, Telephones Rouges ou Le Cûl, Gancho Sanches posúen unha personalísima visión que respira post-rock e osixénase con psicodelia folk con letras escritas en inglés e galego. Veñen a presentar un EP titulado “Psicofonía Bolborítica”.
PEÑA
Peña son inquedos, xuguetóns, curiosos e propóñense con este proxecto bucear no universo pop, dende a súa vertente intimista e misteriosa (Daniel Johnston, Nick Drake) ata a psicodelia acústica máis experimental (Syd Barret), conformando un conxunto de composiciones extremadamente