O Twist & Shout Club de Ogrove e o Psycho R´n´Roll Club de Barcelona anuncian mediante este escrito a celebración dun festival de música.
Nesta primeira edición será no Grove e realizarase no Twist and Shout Club tendo como nome comercial “Rolling Over 2012 O Grove”. Os concertos serán o día 5 e 6 de Abril, en plena semana santa, e as entradas terán un prezo de 8 euros por día tendo a posibilidade de facerse cun bono anticipado para os dous días a un prezo de 12 euros nos seguintes puntos de venta:
A Reixa (santiago), O Gato Gordo (pontevedra) e no Metropol Bar (ogrove).
Os elexidos para formar parte do cartaz deste ano son:
O xoves día 5 os grovenses Telephones Rouges e Disco Las Palmeras! (que tamén participarán no festival do norte este ano) e o venres día 6, Aries (ex cantante dos Charades) e os barceloneses Morlans.
Despois das actuacións, os encargados de facernos bailar coas súas pinchadas serán Raúl Rei Bea (alias Motocross o muerte), Gonzalo Bea Montenegro (meco residente en Barcelona e propietario do Psycho R´n´Roll Club) e por último, como colofón á noite do venres santo o DJ de moda no panorama rockeiro catalán, Charly Ramírez (alias Charly Raw).