nota de prensa do
O FESTIVAL 100% GALEGO
REVENIDAS 2014
A XI do Festival de Revenidas en Vilaxoán acollerá do día 22 ao 24 de agosto un total de 23 concertos e 14 actividades culturais
Na rolda de prensa da presentación oficial da edición das Revenidas de Vilaxoán asistirón; Tomás Fole Díaz, Alcalde de Vilagarcía de Arousa, Jacobo Sutil Nesta – director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Álvaro Pérez Becerra de AIRAPRO empresa organizadora do Festival, Nacho Fungueiriño de Culturactiva empresa coordinadora das actividades de teatro, circo e maxía, Bobi Boullosa, da organización da sardiñada popular así como os responsables de prensa das empresas privadas que colaboran en Revenidas, Gadisa e Martin Códax.
O XI Festival Revenidas será a edición con máis actividades e concertos deste festival que se celebra en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) durante a última década. En total serán 23 concertos dos que 17 serán de pago nos tres días nos que trancorrirá o festival, do venres 22 ao domingo 24 de agosto.
Un festival 100% galego, en canto a empresas participantes e actuacións. Nesta edición se fará unha homenaxe á celebración do XX Aniversario do Movemento Bravú, con conferencias e actuacións de parte dos principais grupos do bravú. Entre os artistas xa confirmados: Heredeiros da Crus, Leo e Arremecaghona, Dakidarría, Sés, Nao, Diplomáticos de Monte Alto, Ulträqäns, Rastreros, Liviao de Marrao e Terbutalina.
Xa están a venda os bonos de lanzamento ata o vindeiro 27 de xullo por un prezo de 15 euros dende a páxina web do festival: www.revenidas.com . Posteriormente o prezo do bono irá aumentando de prezo.
Así mesmo, todo o material de merchandansing estará dispoñible a partir da vindeira semana.
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole quixo “Recoñecer o traballo de Repichoca durante todo a ano para manter e consolidar un evento tan importante como este. Quero resaltar a importancia da colaboración da empresa privada e das entidades públicas, que pasou de ser importante a ser imprescindible. Destacar que o concello de Vilagarcía segue traballando para acadar a certificación de Festa de Interese Turístico do Festival Revenidas, é un acto que merece esta catalogación. Estou seguro que será un éxito esta nova edición”
Jacobo Sutil, director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) definiu ao Festival como “Un evento tan xenuíno .. unha cita imprescindible por riba da oferta artística”. Ademais destacou, neste sentido, algúns dos valores do Revenidas, como son a posta en relación da música con outras moitas actividades lúdicas, a concorrencia practicamente total de artistas e compañías galegas, o apoio aos grupos locais e noveis, a dinámica de traballo creada entre o Concello de Vilagarcía e a asociación Repichoca ou a participación de empresas privadas para levar adiante cada nova edición.
No tocante ao financiamento, lembrou que a Consellería de Cultura e Educación mantén desde 2012 unha liña específica de subvencións, que convoca a través da Agadic como canle estable de apoio público aos festivais musicais e escénicos que se celebran cada ano en Galicia e da que o Festival das Revenidas resultou adxudicatario nas súas dúas edicións anteriores. Nestes momentos, a convocatoria de 2014 atópase en proceso de trámite cara á súa resolución, momento no que se darán a coñecer os proxectos que recibirán apoio económico este ano por esta vía.
Bobi Boullosa da Asociación Repichoca, organizadora da sardiñada afirmou que Revenidas é “un festival 100% galego que mestura a exaltación da sardiña, un festival de música que medra no número de asistentes, o festival con máis bandas e grupos galegos ao longo da historia. Este ano foi un esforzo pero estamos outro ano máis presentando Revenidas. Grazas á asociación A Repichoca orixe do festival, no que participan máis de sesenta voluntarios e que fan posible que por 11º ano se celebre Revenidas”
Nacho Fungueiriño de Cutluractiva engadiu que “ levamos oito anos traballando con Revenidas e e para nós é un orgullo seguir colaborando no festival. Nós organizamos a gala de circo coa temática de solidariedade co pobo saharaui, con actividades para o público infantil e cunha oferta de actividades culturais que mestura teatro, circo, maxía e música”
Por AIRA PRO empresa organizadora desta edición do festival, falou Álvaro Pérez, “este festival é un merito da asociación Repichoca, e para nos cando un festival xurde do asociacionismo ten moito máis merito polo esforzo que hai detrás. Damos a grazas á asociación Un cartel de luxo, 100% galego. Heredeiros agardan con entusiasmo a cita no Revenidas”
Por último falou Antonio Cortés, director Marketing de GADISA, que considera REVENIDAS como “un evento no que estamos como colaboradores e agardamos colaborar moitos anos no futuro”
A organización quixo destacar a súa promoción a novos talentos da música galega, coa posta en marcha do II Concurso de Grupos Emerxentes, dirixidos a bandas con cancións inéditas en galego que estará aberto ata o 7 de agosto.