Roger de Flor e Os Silvestres

Xuño 27, 2013

nota

Roger de Flor e Os Silvestres
Presentando o seu novo traballo: “Hai un lugar no norte”

Capela do Centro Cultural Torrente Ballester
Rúa Concepción Arenal, s/n Ferrol
Prezo: 5€
Venda anticipada en: Billeteira do Teatro Jofre
Billeteira do C.C. Torrente Ballester

Este xoves, na Capela do Torrente Ballester, Roger de Flor e Os Silvestres presentan o seu primeiro longa duración “Os Silvestres: Hai un lugar no norte”, con composicións propias e adaptacións da música popular, como “Collendo cogumelos” ou “Entusiasta seguidor da moda”, entre outras, que conforman os seus apaixoantes directos.

No ano 2009, con motivo da xira de presentación do documental “Roger de Flor: Naturalidade Silvestre”, nace esta banda coa fin de acompañar ao mencionado compositor fenés.
Nembargantes, co paso do tempo, vai adquirindo identidade propia gracias á retranca especial do Marqués das Vinhas e o seu charango, a mestría coas escobillas do gran Sergei, a bonhomía humana e instrumental do Sr. Cabezón e a “naturalidade silvestre” de Roger de Flor, ademáis de colaboracións estelares puntuais como Magín Blanco, O Neno Elliot ou María “Faltriqueira”.
No mes de xuño do 2013 sacan o seu primeiro longa duración “Roger de Flor presenta a: Os Silvestres”, con composicións propias e algunhas adaptacións ao galego dalgúns clásicos da música popular dos últimos anos, que conforman os seus apaixoantes directos.
Ademáis, sacarán un novo videoclip para promocionar o seu inminente traballo, despóis do exitoso “Non penso volver ver a tv”. Esta vez titularase “Hai un lugar no norte” e foi gravado na liña ferroviaria do cantábrico pola produtora “Producciones mutantes”.

AXENDA

21:00 h.
C.C. Torrente Ballester, Ferrol.
5 €