Rodrigo Romaní Trío

Outubro 20, 2018

nota:

Dúas arpas e un contrabaixo, elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina –na que Romaní ten demostrado unha especial capacidade de interpretación– dan son a este novo traballo discográfico. Foi concibido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral popular vertebra un produto inconfundiblemente galego.
En formato trío –a Rodrigo acompáñano as intérpretes Bea Martínez e Xulia Feixoo– o concerto promete un directo de calidade ao que o arpista e fundador de Milladoiro xa ten acostumado ao público.

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
8 €