nota:
RODRIGO ROMANÍ presenta “AS ARPAS DE BREOGAN” en concerto
Teatro Principal
Rua de Paio Gómez Chariño, 6
21.00 h
Entradas en Servinova (anticipada) e taquilla teatro
8€ anticipada e 10€ taquilla Merca AQUI a tua entrada
En As Arpas de Breogán, Rodrigo Romaní presenta un traballo adicado ao son da arpa céltica e á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional. Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionáis e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.