Rockin Carballo: Capsula, Tito Ramírez, Eva Rijlen, El Meister, Querqus Blues Band, Cloaca e The Lelli Kellys

Xuño 18, 2022

nota:

Capsula, Tito Ramírez, Eva Rijlen, El Meister, Querqus Blues Band, Cloaca e The Lelli Kellys serán as protagonistas desta nova edición. Xa podes consultar os horarios dos dous escenarios.

Carballo (A Coruña), volve a ser a capital galega do rock co Rockin´ Carballo Festival. Despòis do paso de bandas como The Trashmen, Chesterfield Kings, Roy Loney, Barrence Whitfield, Los Straitjackets, Lagartija Nick, Atom Rhumba, Powersolo ou Dr. Explosión, confírmase unha nova edición para o sábado 18 de xuño.

Janis Joplin é o novo símbolo do Rockin’ Carballo. Despois de dous anos de parón obrigado, o festival de música alternativa organizado pola Concellaría de Mocidade arredor das festas de San Xoán volve, como están volvendo as grandes citas musicais da temporada estival, para seguir apostando polos valores emerxentes do rock and roll.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Carballo.
De balde.