“Noroeste estraño” é o título do último traballo da banda de Roberto Sobrado: unha volta arredor de si, rockeira, unha reivindicación resentida, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que leva dentro. Sonoramente eclécticos (coma sempre) fártanse de facer chiscadelas reixianas, calamarianas, indie-beatles e incluso radioheadianas e suaves. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor. Nihil novum sub sole but I like it. Voltan os estilos con xenio de can. Ven bailar.
http://www.youtube.com/watch?v=7pLNcBoQCNE