Riu

Marzo 02, 2013

Riu é un proxecto formado por seis novos músicos que pretende reinventar a música popular dos Països Cataláns. Para definir o seu son, aprenderon das grandes bandas do novo folk europeo e adaptárono ás melodías populares da súa terra. Despois de gañar este pasado ano o premio Sons da Fira Mediterrània, publicaron o seu segundo traballo, “Amb Canya!”. Este disco, producido polo ferrolano Fernando Barroso (Assembly Point, Os Cempés), é xa un paso importante cara a consolidación do grupo na escena tradicional catalana.

AXENDA

22:30 h.
Bar de Fredi, Espasante.