Riu

Febreiro 27, 2013

RIU (Catalunya)
Riu é un proxecto formado por seis novos músicos que pretende reinventar a música popular dos Països Catalans. Para definir o seu son, aprenderon das grandes bandas do novo folk europeo e adaptárono ás melodías populares da súa terra. Despois de gañar este pasado ano o premio Sons da Fira Mediterrània, publicaron o seu segundo traballo, “Amb Canya!”. Este disco, producido polo ferrolano Fernando Barroso (Assembly Point, Os Cempés), é xa un paso importante cara a consolidación do grupo na escena tradicional catalana.

martes 26, Casa das Crechas, Compostela. 22:30 h.
Xoves 28 – A Cova do Trasgo (Vigo) – 22:30h
Venres 1 – Bar Queira (A Barqueira) – 23:00h
Sábado 2 – Sesión Vermú na SCD Canido (Ferrol) – 13:00h
Sábado 2 – Bar de Fredi (Espasante) – 22:30h

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
A Pedreira - Carvalho Verde (directo) ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:30 h.
Bar Pampín (Compostela)