riobó “quiral”

Maio 18, 2015

Dende o mesmo título do seu segundo álbum, Riobó centran a atención no concepto da quiralidade. Quiral significa “que non pode ser sobreposto á súa imaxe especular” e eles empregan esta denominación para argumentar que “A tradición e a vangarda míranse nun imaxinario espello onde atopamos as súas coincidencias e a imposibilidade de solapamento, de superposición dunha imaxe respecto á outra… amosando a súa quiralidade”.

A estas alturas ben sabemos o mallado que está o discurso de que tal artista trata o tradicional desde unha visión contemporánea. Dicir que se é máis purista ou tradicional ou máis irreverente ou vanguardista pode comezar a arredar ouvintes nestes tempos de urxencia, inmediatez ou pouca paciencia ante tanta oferta. Ningún artista querería pecharse e Riobó son claros: explotan as posibilidades dos instrumentos tradicionais e apostan por daren unha lectura actual a unha maioría de pezas xa escritas. Asemade, son quen de acompañalas de composicións de autoría propia ben acaídas no conxunto.

Uns anos despois do seu debut, Riobó consolídase coma banda. Malia levar o seu apelido, isto xa é moito máis que o proxecto da violinista Begoña Riobó. Trátase da súa comuñón musical con catro recoñecidos músicos con cadansúa traxectoria consolidada en proxectos musicais varios: Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (frautas e requintas). “Quiral” ofrece o mellor son da tradición expresado por músicos e instrumentos formados e feitos no noso tempo. Aúnan música de autor e música de raíz, invitan ao baile e non esquecen a relación con Portugal en “Comboio Sul” das mans de Luis Peixoto (compañeiro de Barroso en Trim ou Assembly Point).

“Retello”, “Na boca do demo” ou “Muiñeira de Fonsagrada” convencen desde a primeira escoita a propi@s e estrañ@s nisto da música tradicional ou de raíz. As sucesivas escoitas reafirman a sensación de que este é un traballo de alta calidade, fermoso, elegante e con toda a carga melódica deste país. Apoiado na producción artística de Anxo Pintos, Riobó é unha manchea de talento ben conxuntada. E no seu caso a calidade non está rifada con convencer a todo o público que se achegue.

Pepe Cunha, 19-maio-2015

AXENDA

Facebook

53 minutes ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook