Riobó

Decembro 15, 2011

na sala Emilia Pardo Bazán do campus de Ourense, con entrada libre ata completar aforo.

Riobó, un grupo composto por destacados músicos do panorama galego e liderado por Begoña Riobó, considerada unha das violinistas con maior proxección no panorama musical galego pois formou parte da banda de destacados músicos como Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo e Sondeseu. Con ela compoñen Riobó catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria e que teñen participado nos principais proxectos musicais de Galicia, como son Fernando Barroso, á guitarra; Marcos Campos, á gaita, ao acordeón e ás frautas; Xosé Liz, ao bouzouki, e Fernando Pérez, ás frautas e á requinta.

A violinista galega e os seu grupo veñen de editar o seu primeiro disco, que herda o nome da formación e no que se aprecia o virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Coa súa música queren converter cada concerto seu nunha mostra de sensacións, onde convivan as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais. Para comprobalo en persoa, a cita é no campus de Ourense o vindeiro día 15 de decembro.

AXENDA

Facebook

20:00 h.
Edificio de Ferro, Campus Universitarip, Ourense.
De balde