concerto pechando a noite do Arde Lucus
“O mapa da xeografía das emocións”
Francisco Castro, escritor galego
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.
Begoña Riobó é unha artista integral, que ademais do violín, domina á perfección instrumentos como a zanfona e arpa céltica, da que é mestra na escola de música tradicional “e-Trad”, en Vigo. Begoña é ben coñecida nos principais festivais internacionais, nos que ten tocado en numerosas ocasións con Carlos Núñez, Solas, The Chieftains, Sondeseu, Anxo Lorenzo, Susana Seivane e unha longa lista de grandes artistas.
“Riobó” é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Deste xeito, cada concerto convértese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais.
Acompañando a Begoña, en “Riobó” atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).
Marcos Campos, (gaita, acordeón e frautas) Formado como gaiteiro con mestres da talla de Xaime Estévez, Antón Corral ou Carlos Núñez, tomou parte en numerosos proxectos da época máis prolífica do folk galego. A súa experiencia como gaiteiro, e mestre de gaita, levouno a colaborar con The Chieftains nu súa xira europea do disco “Santiago”.
Fernando Pérez (frauta e requinta) Cunha sólida traxectoria no mundo da música tradicional, Fernando ten colaborado con grupos de primeira liña como Xarabal ou Berrogüetto. Actualmente é frautista titular da Orquestra Folk Sondeseu.
Xosé Liz (bouzouki) Un dos músicos máis activos do panorama folk galego. Produtor, compositor e arranxista, domina con mestría os instrumentos de corda e as frautas de traverso, instrumentos dos que é mestre na escola de música tradicional “e-Trad”, en Vigo.
Fernando Barroso, (guitarra) Un dos novos valores da música galega, cunha prometedora carreira baseada nun xeito vangardista de entender o acompañamento nos instrumentos de corda. A súa xuventude contrasta coa implicación deste músico en numerosas formacións de proxección internacional como Assembly Point ou Anxo Lorenzo
DiscografÍa: Riobó. 2011 Zouma Records. ZRCDO065.